GAENER

Constituímos unha empresa formada por un equipo multidisciplinar no que combinamos formación, experiencia, habilidades de xestión e creatividade, para ofrecer como valores a excelencia, o compromiso e a diferenciación do servizo ofrecido ós nosos clientes co obxectivo prioritario de promover a sostibilidade en materia ambiental, enerxética, arquitectónica e de enxeñería.

favicon
Gaener, dirección técnica

Como Oficina Técnica, estas características profesionais permítennos ofrecer servizos técnicos como xestión e captación de subvencións ou financiamento para investimentos ou accións no campo da eficiencia
enerxética e enerxías renovables, así como a redacción de informes e proxectos técnicos.

Así mesmo, dentro da sección de Arquitectura e Construción consideramos salientable a emisión de informes (IAE, patoloxías, xustificacións, etc.), a redacción de proxectos técnicos (anteproxectos e de execución), a xestión de medidas de seguridade preventiva en edificios protexidos, a proxección e execución de melloras na accesibilidade de edificios/vivendas e rehabilitación integral de edificios tanto a nivel interior como exterior, prevalecendo nesta sección, a Rehabilitación Enerxética de edificios con máis de 500 referencias.

No sector das Enerxías Renovables, contamos cun número representativo de referencias a nivel nacional e internacional e a unha escala diferente, dende instalacións de autoconsumo ata proxectos de xeración a grande escala. Dentro deste departamento, destacamos os servizos de consultoría técnica, xestión de proxectos e desenvolvemento, control de calidade e xestión operacional.

Finalmente, dentro da sección de Eficiencia Enerxética, as accións e/ou servizos que realizamos resúmense no seguimento e xestión dos recursos enerxéticos, na consultoría e deseño de instalacións eficientes, na renovación de instalacións e na realización das certificacións pertinentes con máis de 200 referencias.

Gaener, energías renovables
icono engranaje

Oficina Técnica e Inxeñería

Servizos técnicos dentro dos diferentes campos de acción

Grazas ó nivel de formación, experiencia laboral e relacións profesionais de primeiro nivel, dende Gaener podemos ofrecer unha ampla gama de servizos técnicos.

+ INFO
icono plano y compás

Arquitectura e Construcción

Servizos globais no campo da Arquitectura e Construcción

Servizos de asesoría e consultoría integral, deseño, desenvolvemento, conservación e/ou rehabilitación integral tanto de edificios existentes como de nova execución.

+ INFO
icono energías solares

Enerxía Renovable

Implicados na sostenibilidade favorecendo a xeración renovable

En Gaener, valoramos como necesidade a transición enerxética cara un modelo baseado na xeración renovable e nunha economía verde.

+ INFO
icono bombilla

Eficiencia e rehabilitación enerxética

A mellor enerxía é a que se aforra

Dende Gaener cremos que o aforro e a xestión enerxética deben ser os primeiros puntos a avaliar antes calquera valoración de
investimento en materia enerxética.

+ INFO