Eficiencia e Rehabilitación Enerxética

EFICIENCIA ENERXÉTICA

Aínda que Gaener aplica a maior cantidade de esforzos en materia de Aforro e Eficiencia Enerxética na división de Rehabilitación, tamén realizamos diferentes servizos e/ou avaliacións no sector agropecuario e industrial encamiñadas á mellora da Eficiencia Enerxética, para actividades como:

  • favicon
    Monitorización e xestión dos recursos enerxéticos.
  • favicon
    Consultoría e deseño de instalacións eficientes.
  • favicon
    Renovación de instalacións.Iluminación, térmicas, etc
  • favicon
    Máis de 200 certificados de eficiencia enerxética.A Coruña, Lugo, Madrid, Ourense, e Pontevedra
Eficiencia Energética Gaener
Eficiencia Energética Gaener

REHABILITACIÓN ENERXÉTICA

Ó longo de toda a traxectoria de Gaener, dedicamos grandes esforzos a implantar servizos/sistemas de Eficiencia Enerxética e sostibilidade ambiental dentro das actividades de asesoramento e consultoría nos campos de Arquitectura e Enxeñería. O favorecemento da eficiencia enerxética no sector da construción, afecta directamente na correcta execución dos servizos de mantemento preventivo e/ou correctivo para a corrección de patoloxías preexistentes (estrutura, envellecemento, filtración, humidade, condensación, etc.).

Polo tanto, con base nos fundamentos enerxéticos, ambientais e económicos, pretendemos fomentar a rehabilitación integral e a Eficiencia Enerxética no sector residencial e industrial.

Froito disto son as máis de 500 referencias en España principalmente en Galicia aínda que tamén servizos ou colaboracións ofrecidas en País Vasco, Comunidade Valenciana e Comunidade de Madrid, nas que asesoramos a execución de sistemas certificados que garantan a súa funcionalidade, coa inclusión de materiais ou solucións innovadoras máis respectuosas co noso entorno e cunha considerable redución da demanda de enerxética.
Dentro das nosas referencias, dita diminución da demanda enerxética ten un impacto directo no aforro económico, contribuíndo directamente cunha diminución anual das emisións de máis de 2.000,00 t de dióxido de carbono.

Ademais, para unha parte das accións de Eficiencia Enerxética xa executadas ou en proceso de execución, xestionamos e obtivemos diversas fontes de financiamento e/ou subvencións non reembolsables:

  • favicon
    LocaisConcellos de Ferrol e A Coruña
  • favicon
    AutonómicasXunta de Galicia
  • favicon
    Estatais e europeasIDAE, PAREER, etc.

EN QUE TE PODEMOS AXUDAR?

Lin e acepto a política de Privacidade