Oficina Técnica e Enxeñería

Grazas ó carácter multidisciplinar de Gaener, ós nosos coñecementos, experiencia e relacións profesionais dentro de cada campo de actividade, ofrecemos servizos de Oficina Técnica e Enxeñería, que abranguen unha ampla gama de necesidades a nivel industrial, medioambiental e de construción. Tamén ofrecemos un valor engadido ós servizos técnicos doutras empresas profesionalizando os seus servizos.

En tódolos casos, dependendo das esixencias do servizo que se vai ofrecer, a nosa Oficina Técnica involúcrase en tódalas etapas do cronograma, tales como: consultoría técnica previa e desenvolvemento de proxectos, promoción e execución, posta en marcha, mantemento e xestión operativa.

favicon

Como Oficina Técnica e Enxeñería, Gaener participou na realización de diferentes servizos, algúns dos cales están listados a continuación:

  • favicon
    Xestión e captación de subvencións e financiamento.
  • favicon
    Enxeñería e informes de avaliación.
  • favicon
    Proxectos: Oficina Técnica.Anteproxectos e de execución
  • favicon
    Colaboración técnica para obtención de subvencións/financiamento a nivel europeo para proxectos de innovación.Francia
  • favicon
    Asesoramento e xestión para o desmantelamento de explotacións de gando leiteiro.Provincia de Lugo
  • favicon
    Asesoramento para a mellora das instalacións nunha explotación porcina.Provincia da Coruña
  • favicon
    Estudo para a renovación de instalacións térmicas en edificios.Provincia da Coruña
  • favicon
    Estudo para a revalorización dos residuos nas industrias agroalimentarias.Provincia de Lugo
  • favicon
    Xestión técnica para o cambio de actividade empresarial.Provincia da Coruña
  • favicon
    Máis de 200 certificacións enerxéticas.A Coruña, Lugo, Madrid, Ourense, e Pontevedra

¿En que te podemos axudar?

Lin e acepto a política de Privacidade